Image
As personas responsables dos Bancos de Tempo da Costa da Morte puxeron en marcha un blog, despois de asistir a un obradoiro no Telecentro de Vimianzo.

 

As persoas responsables dos Bancos de Tempo da Costa da Morte asistiron a un obradoiro para crear un blog no Telecentro de Vimianzo, impartido por Lorena Cernadas, responsable do centro, que durou unhas 4 horas.

As persoas asistentes recibiron formación sobre as novas tecnoloxías da información como plataforma comunicativa na rede. Tiveron oportunidade de coñecer e crear unha ferramenta que lles permitirá divulgar e poñer en común o seu traballo.

 

O resultado desta acción pódese apreciar no blog xa creado:  www.bdtcostadamorte.ohlog.com, no que xa figuran uns contidos elaborados como o artigo benvida aos usuarios web, uns links coas páxinas oficiais dos concellos colaboradores, con trocatempo e coa da Consellería de Traballo, así como unha relación de categorías cos nomes dos concellos participantes onde se almacenarán de forma clasificada todos os artigos que creen as axentes.

 

Entre os asistentes atopábanse un total de 9 persoas procedentes dos concellos de Cee, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, Laxe, Zas e Vimianzo.