image_gallery

O delegado territorial da Xunta, visitou ou hoxe a sede do Distrito Forestal V, ubicado no concello de Vimianzo.

 O delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, realizou esta mañá unha visita á oficina do Distrito Forestal V de Fisterra, situado na localidade de Vimianzo, onde ensalzou o labor dos traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia en materia de prevención, defensa e extinción dos incendios, que durante uns días producíronse na Costa da Morte, e onde tivo ocasión de coñecer de primeira man os labores que realizan.

 

Calvo deulles ánimos a estes traballadores “para que non baixen a garda e continúen coa súa labor de protexer non só o medio ambiente, senón tamén aos veciños da zona”, ao tempo que destacou deles que “son un gran equipo que non escatima en esforzos”. Asemade, o delegado territorial fixo mención á dispoñibilidade que teñen as brigadas “para acudir a concellos lindantes cando sexa preciso”.

 

O Distrito Forestal V, con oficina en Vimianzo, abarca tres comarcas e un total de doce concellos -Muxía, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Camariñas, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Mazaricos, Carnota y Muros-.

O equipo está formado por unha xefa de distrito, 3 técnicos, 18 axentes, 3 cuadrillas fixas e 2 fixas discontinuas, 3 motobombistas fixos e 2 fixos discontinuos, 4 vixiantes fixos e 3 emisoristas. No verán ten un reforzo que consta de 17 cuadrillas, 15 motobombistas, 4 emisoristas, 3 vixiantes fixos e 1 técnico.

Fonte: Delegación territorial