pirogsa

Os independentes de Vimianzo denuncian posibles irregularidades en A Piroga.

O grupo político IxV amosa a súa indignación pola suposta “paralización” das obras do saneamento da Piroga(Bamiro) e confirman que “de feito se retirou a maquinaria” e reclaman información por parte do goberno local do BNG ao mesmo tempo que se preguntan: ¿Qué ocultan o Sr. Alcalde e o Sr. Mancebo(concelleiro de Obras) en todo isto?.

 

Pensan que se trata “dunha obras importante para todos” pero expresan a súa sorpresa porque o reformado da actuación non se aprobara, como outras nun pleno e fora “aprobado nunha xunta de goberno local que se celebrou o pasado 6 de febreiro”.

¿Por qué se asina un contrato, se inician as obras e de xeito repentino se paralizan?, pregúntanse desde Independientes por Vimianzo.

 

IxV pide que se cree unha comisión de seguimento desta obra ”para comprobar de primeira man a presunta manipulación do Sr Antelo e o Sr.Mancebo, nas posibles irregularidades no procedemento nomeado”. E queren que Manuel Antelo Pazos ofreza unha explicación inmediata.