Daniel Rego non pensa volver a aspirar a alcaldía

0
567

O político camariñán anuncia que en poucos meses convertirase en deputado provincial.

 

O portavoz do Partido Popular de Camariñas participou no programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro(107.5FM) no cal respostou a varias preguntas.

 

P-¿Cómo valora o traballo do goberno local no que vai de lexislatura?

R-Hai pouco traballo político en Camariñas. Temos un alcalde populista que minte ós veciños.Levamos trinta anos de goberno socialista e seguen usando o voto cautivo. Sempre levan as obras os mesmos e os traballos tamén. O PSOE non entende a democracia e practica o clientelismo.

 

P- ¿Porque se levan tan mal o PSOE e o PP en Camariñas?

R-Pareciulles mal que denunciáramos o tema dos seguros, pero nós queremos protexer ós veciños. O alcalde ten unha empresa e dáballe os seguros a súa propia empresa, e cobraban as comisións. Nós non encubrimos. Está imputado e nós non podemos ser cómplices dun suposto feito delictivo.

 

P-Hai rumores que apuntan a existencia de liortas internas no PP de Camariñas.

R-Sempre hai problemas en tódolos sitios. Somos un plural, con xente moi xoven que pode facer cousas. Pero os do PP de Camariñas non nós levamos mal aínda que pode haber distintas opinións. Somos un grupo municipal moi activo e do que máis mocións e preguntas presenta de toda a zona.

 

P-¿Pensa volver a optar a alcaldía de Camariñas?

R-Agora dentro duns meses vou a actuar como deputado provincial e teño unha laboura por diante, para loitar polo partido xudicial de Corcubión e non só por Camariñas. Con respecto as eleccións, teño que pensa-lo, pero a familia dime que a miña etapa rematou. Eu creo que hai persoas moito máis formadas e que unha persoa que perde dúas veces as eleccións non debe volver a presentarse, pero senón quedara máis remedio valoraría volver a presentarme.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí