O voceiro do Bloque louvou a actitude de Miñones(PSOE) e Pérez Trillo(PP).

 

O voceiro municipal do BNG de Vimianzo tildou o intento de moción de censura de “golpe de estado” e criticou a lexitimidade dos sete asinantes porque “ningún dos setes promotores foi cabeza de lista”.

 

En cambio, Fernando Mancebo tivo palabras de eloxio para os edís do PSOE e do PP que non secundaron a censura, e fixo un “ recoñecemento absoluto a José Antonio Miñones e José Manuel Pérez  pola liberdade e a honradez mostrada”.

 

No acto público celebrado o pasado sábado na Casa da Cultura, Mancebo Amigo agradeceu os pasos dados polas direccións do PP e do PSOE, en especial dos socialistas pola súa axilidade.

 

“O asalto ao concello foi unha operación deseñada por unha familia“ suliñou Mancebo, que manifestou que no próximo trimestre se ían a investir un millón de euros en obras, con cargo a distintos plans. “Estas obras son importantes para que entendades as prisas dos golpistas” aseverou o concelleiro nacionalista.

 

Fernando Mancebo cree que os impulsores da moción  “son todos da mesma casa” a pesares das distintas siglas coas que se presentaron. Con respecto aos concelleiros do Partido Popular amosouse convencido que están sendo “Mandados por personas que nunca se presentan as eleccións porque restan en vez de sumar”.

 

 

 

EN TWITTER @anosacosta