Novas

Críticas do PP de Zas pola prórroga dos orzamentos

Por o 30 diciembre, 2016

O grupo municipal do Partido Popular de Zas, encabezado polo seu portavoz, David Gómez Brandariz, acusa ao equipo de goberno, liderado por Manuel Muiño, de “inoperancia e de falta de xestión” ao manter prorrogados os orzamentos do ano 2015, a pesar de estar a gobernar con maioría absoluta.

 

Os populares tachan de “inadmisible” que o executivo local non teña “o máis mínimo interese” en presentar unhas contas actualizadas despois de máis de ano e medio de xestión. “Estamos ante unha mostra máis da improvisación e ausencia de profesionalidade dun alcalde que é dos mellor pagados de Galicia en concellos de menos de 5.000 habitantes”, subliñou Gómez.

 

Neste sentido, o portavoz do Partido Popular de Zas fixo fincapé en que o soldo de Muiño e do seu tenente alcalde cústalle aos veciños de Zas case 80.000 euros ano. “Se cobran como profesionais, deben comportarse e actuar como tal”, afirmou Gómez, quen considera “unha falta de respecto” que un equipo de goberno con máis dez anos de experiencia ao fronte do concello non sexa capaz de aprobar unhas contas novas.

 

Vivindo doutras administracións

 

Por outra banda, desde o grupo municipal do Partido Popular inciden en que a falta de xestión vese reflectida na ausencia de novos proxectos e iniciativas. “As únicas obras que se puxeron en marcha no municipio durante os últimos oito meses son con diñeiro da Xunta de Galicia ou da Deputación da Coruña, porque o Concello de Zas, nin está, nin se lle espera”, denuncia Gómez.

 

Sobre este feito, o portavoz dos populares considera que o alcalde está “a facer provisión” do diñeiro público para despois investilo no ano 2019, coincidindo coa celebración das eleccións municipais.

 

Por último, Gómez volveu denunciar a “total ausencia de transparencia” na xestión municipal do equipo de Manuel Muiño, ao que o popular acusou de “facer e desfacer ao seu antollo”, esquecéndose das leis que establecen os prazos para a entrega de información que fai referencia ás contratacións administrativas levadas a cabo polo Concello de Zas.

 

Seguimos esperando información que solicitamos hai meses sobre algúns contratos. Dá a sensación que están a tapar algún asunto que non debe de estar do todo claro”, concluíu o popular.

 

FOTO-Adiante Galicia.

Fonte- Nota do Partido Popular de Zas.

 

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.