Novas

Xornada de limpeza no concello de Camariñas

Por o 10 enero, 2017

A asociación Mar de Fábula organiza unha xornada de limpeza no coído de Punta Caghada, en Camariñas.

 

A asociación Mar de Fábula informa que o vindeiro sábado 14 de xaneiro vai organizar “cun acto simbólico en defensa do mar nun dos lugares máis afastados, fermosos e de máis difícil acceso da Costa da Morte: O coído de Punta Caghada, Camariñas.

 

Nesa zona concentranse grandes cantidades de lixo, nun 90% en forma de botellas de plástico. Os voluntarios comezarán a súa xornada no peirao de Santa Mariña  desde onde camiñarán ata o citado coído.Contarán co apoio de mariñeiros desta pequena localidade e con personal do concello de Camariñas.

 

”Invitamos a todas as persoas que queiran compartir connosco esta acción ambiental para devolver ao seu estado natural os dominios desta sonora Punta que, xunto coa súa veciña de enfrente, a Punta do Boi, delimitan un dos anacos máis emblemáticos da nosa costa, tanto pola súa espléndida paisaxe como pola súa importancia na navegación marítima, ao concentrar nas súas augas numerosos e históricos naufraxios” indican desde o colectivo que preside Xosé Manuel Barros. Para contactar coa asociación 608609042.

 

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.