OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A iniciativa de Mar de Fábula saldouse con cincuenta e oito sacos cheos de botellas e envases de plástico retirados na zona de Punta Caghada, no concello de Camariñas.

Vinte e unha persoas participaron nesta nova xornada de limpeza impulsada pola asociación Mar de Fábula na zona de Punta Caghada, no concello de Camariñas.

Segundo a entidade, en dúas horas de traballo recolléronse cincuenta e oito sacos cheos de botellas e envases de plástico “nunha porcentaxe alta xa moi degradados, un lote en cada coído”. Tamén se recolleron caixas, aparellos e “as infames espumas e o porexpan”.

Na recollida tamén participou o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León e o concello Juan Carlos Canosa Marcote. Os restos de lixo serán nestes días retirados cunha gamela ata o porto de Santa Mariña, e trasladado posteriormente por un camión do concello.

Deste xeito, celebrouse unha nova iniciativa ecolóxica e exemplar de Mar de Fábula, o colectivo que preside Xosé Manuel Barros.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA