PP e BNG únense en Camariñas para pedir a dimisión dunha concelleira do PSOE

Por o 3 abril, 2017

Os dous grupos da oposición esixen a dimisión de Sandra Insua.

 

Partido Popular e BNG acusan a tenente de alcalde e concelleira de igualdade de Camariñas de ter unha “actitude machista” coa concelleira popular Carmen Suárez Fuentes no transcurso do acalorado pleno celebrado o pasado vernes. Piden a dimisión de Sandra Insua en respectivos comunicados que publicamos completos.

 

 

Comunicado do PP de Camariñas

 

Dende o PP de Camariñas queremos mostrar a nosa indignación e repulsa polo comportamento que a Tenente Alcalde, Sandra Ínsua, tivo coa nosa compañeira Carmen Suárez no último pleno celebrado no concello de Camariñas; dirixindose a ela cunha frase machista (“e que lavando platos non te metes en jaleos”) cousa que nunca se pode consentir de ningunha maneira.

 

Tamén poidemos comprobar como para os seus compañeiros esa actitude é normal pois ningún fixo nada o respeto.
Ante esta situación, tanto nese mesmo momento como rematado o pleno, solicitouse á Tenente Alcalde que pedise desculpas polo comentario, ó cal se negou e mantivo a súa postura.

 

Dende o PP pedimos que a Tenente Alcalde se desculpe de forma pública e que presente a súa dimisión de forma inmediata xa que o seu comentario non ten defensa algunha.

 

Comunicado do BNG

 
No último pleno celebrado en Camariñas, o BNG acusou a Concelleira de Servizos Sociais e igualdade, Sandra Insua, de ter unha actitude machista ao respostar a unha concelleira de que “non recibe denuncias fregando os platos”. Ante este tipo de actitude machista hacia as mulleres, a concelleira do BNG, Ilva Carril esixio a esta que retirase este tipo de comentario e pedise disculpas a todos/as os/as presentes. Como ainda non amosou as suas desculpas públicas hacia as mulleres e polo que dende o BNG de Camariñas esiximos a sua demisión como responsable de Servizo Sociais e como tenente alcalde.

 

Por outro lado, o BNG de Camariñas critica que o concello deixa sin axudas a xente que pediu subvencións, debido a que o seu concellal Sergio Caamaño, concellal de emprego, tivo problemas familiares. Dende o BNG entendemos que as axudas e subvencións non poden depender de si o concellal de turno está resfriado ou ten outro tipo de problemas. O BNG pide que ainda que haxa unha persoa de baixa se poidan solicitar subvencións.

 

Neste pleno o BNG esixio que se invirta en mantemento do mobiliario público, xa que o concello de Camariñas é o concello que menos gasta en mantemento. Aí están os numerosos desperfectos que temos denunciado (parques infantiles, paseo marítimo, alumeado público, barandillas etc…)

 

E por último esiximos unha vez máis que o partido socialista encabezado polo seu alcalde, cumpla coa lei da memoria histórica e inicie a retirada da simboloxia fascista e dos nomes das rúas que esteñan relacionadas co franquismo.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login