OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A corporación local de Zas aprobou o orzamento para este ano cos votos a favor dos oito concelleiros do Bloque Nacionalista Galego e tres abstencións do Partido Popular.

 

 

As contas ascenden a 3,8 millóns de euros, dos cales un 25,39% se destina a inversión reais.

 

Entre os investimentos máis importantes están os 176.000 euros para a substitución do céspede artificial do campo de fútbol de San Andrés, en Zas, os 150.000 euros para iniciar a construción do Tanatorio de Zas, ou os 50.000 euros para a compra dos terreos das carballeiras de Zas e Baio.Sen esquencerse dos 384.000 para a mellora da rede viaria.

 

O alcalde Manuel Muíño destacou o carácter inversor do orzamento, dentro dun “crecemento adecuado e prudente”. O voceiro do PP, David Gómez, non valorou os orzamentos no pleno pero posteriormente difundiu un comunicado no que afirmou que os orzamentos eran “ficticios e inflados”.

 

Pleno de Zas

 

Apoio ao camiño histórico de Brandomil

 

 

Por unanimidade aprobouse unha moción da asociación Grandimirum para apoiar o camiño histórico que pasa por este concello e unha moción relacionada cos servizos da administración electrónica.

 

O BNG rexeitou unha moción do PP sobre o Plan Único.Os populares pedían que se garantizaran “os mesmos fondos que recibiu o ano pasado o concello de Zas nas distintas liñas de axudas”.

 

Manuel Muíño, que a su vez es diputado provincial, aseguró que la cantidad “vaise a incrementar coas xestións do goberno do PSOE e do BNG”. El alcalde incluso aseguró que “moitos concellos do PP queren este Plan Único porque saben que é mellor”.