Novas

O BNG pide novas alternativas para a Mostra do Encaixe

Por o 18 abril, 2017

Os nacionalistas constatan “un descenso de visitantes” na feira palilleira.

 

 

A voceira do BNG, Ilva Carril, pide ao goberno de Camariñas que lle de un “novo pulo” a Mostra do Encaixe “buscando novas alternativas que fagan que xente que en pasadas edicións visitou a feira do encaixe se sintan atraídas por outros actos ou actividades que xiren en torno a tal evento”.

 

Desde o Bloque constatan “un ano máis o descenso de visitantes”ao evento.

 

 

Agardan unha desculpa de Sandra Ínsua

 

 

Desde o BNG explican que a súa voceira non asistiu ao evento “para protestar polo machismo amosado pola edil responsable da Mostra, Sandra Ínsua no último pleno” e indican que “a día de hoxe aínda non se desculpou ante a corporación e os/as veciños/as de Camariñas”.

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.