Novas

O PP pensa que o goberno camariñán actúa con sectarismo

Por o 19 Abril, 2017

Os populares piden un novo impulso ante a perda de visitantes da Mostra do Encaixe de Camariñas.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

 

Nota de prensa do PP de Camariñas

 

 

Despois do comentario machista, polo cal non pediu disculpas, a nosa tenente-alcalde volve a demostrar a forma de gobernar que predomina no Concello polo equipo de goberno.

 

Admite a falta de invitación os integrantes da oposición e xustifícaa decindo que outros lles axudan sin invitación. O parecer, para Sandra Insua, debe de ser pouca cousa que ademáis de que acuda a inauguración Sol Vazquez, directora Xeral de Comercio, tamén acude o Deputado Autonómico Aurelio Nuñez, que despois de ser invitado, a tenente-alcalde faltalle o respeto olvidándose del cada ano.

 

Vemos un reflexo do sectarismo que se instaura no equipo de goberno e o pouco respeto que teñen polos que non pensan como eles. É unha lástima que xente con esta forma de pensar nos represente en actos públicos.

 

 

Tamén podemos ver que ano tras ano, a Mostra do Encaixe vai menguando no número de visitantes polo que é necesario que a esta se lle dé un impulso que faga da Mostra algo atractivo e que os visitantes queiran volver ano tras ano.

 

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *