Por un delito de prevaricación que o alcalde socialista Pichurri vai a recurrir.

 

O Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou a catro anos de inhabilitación ao alcalde socialista de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León por un delito de prevaricación, despois de contratar ilegalmente a un compañeiro de partido, a pesares de ser advertido pola secretaria municipal.

 

En declaracións a Adiante Galicia, o portavoz do Partido Popular de Camariñas, Mauro Aufiero, solicitou a “dimisión inmediata” do alcalde. Pero Alonso de León non está disposto a dimitir e anuncia un recurso contra unha sentenza que non considera xusta.

 

Un pequeno problema administrativo

 

 

En declaracións aos medios de comunicación, Alonso pensa que non cometeu ningún delito como para ser inhabilitado e reduce a cuestión a un “pequeno problema” de carácter administrativo.

 

O alcalde de Camariñas está tamén sendo investigado como chamado caso dos seguros.