Novas

BNG:”O alcalde de Camariñas debe dimitir”

Por o 9 Mayo, 2017

Os nacionalistas denuncian que Pichurri practica a “política do enchufismo” e esixen a súa dimisión.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Este é o comunicado do BNG de Camariñas

 

 

O BNG de Camariñas sempre denunciou a actitude caudillista do alcalde de Camariñas. Unha vez máis amosa un actitude dictatorial ao non querer dimitir logo de ser condenado a catro anos de inhabilitación por contratar a un compañeiro do PSOE. Dende o BNG de Camariñas xa denunciáramos que se contrataba sempre ao mesmo personal con subvencións da deputación e que o alcalde estaba a practicar unha política de enchufismo, ben coñecida por todos os/as veciños/as do concello.

 

O, suposto, código ético do PSOE quedou en papel mollado en Camariñas, xa que despois de abrirse xuizo oral por procedimento penal ao alcalde, este non dimitiu nin siquera foi expulsado do seu partido. Lembrar que o alcalde xa fora imputado (investigado) no ano 2011 por suposta negociación prohibida a funcionarios e continou no cargo como si nada pasara.

 

Dende o BNG de Camariñas esiximos, unha vez máis, a dimisión do alcalde “Pichurri”

Comentarios

Comentarios

Un comentario

  1. Evaristo Oroña Marcote

    10 Mayo, 2017 at 2:32 pm

    Es lamentable que gente con tan poco predicamento en el Concello se pongan en jueces y exijan la renuncia a alguien que fue electo por amplia mayoria. Oportunistas que no dudan en vender su alma al mismisimo diablo con tal de lograr lo que el pueblo les niega. Trabajen seriamente para los vecinos, demuestren que son mejores que el Alcalde y asi podran llegar algun dia a dirigir Camariñas, mientras tanto esperen la resolucion superior y sera la justicia quien diga que debe renunciar o pagar sus culpas, si las tiene, de otra forma.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.