Novas

Camariñas: O PSOE defende a Pichurri e o PP insiste en pedir que renuncie

Por o 11 Junio, 2017

Fin de semana con novo cruce de notas de prensa, tanto do PSOE coma do Partido Popular de Camariñas, que reproducimos a continuación.

Foto-Roberto Rúa

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

 

Nota PSOE Camariñas

 

O Grupo Municipal Socialista, no concello de Camariñas, diante das declaracións tendenciosas e interesadas da coalición PP-BNG, quere manifestar o seguinte:

 

1º.- Pichurri conta co total e absoluto apoio de tódolos membros do Grupo Municipal Socialista sen excepción.

 

2º.- O informe que emite a Secretaria do Concello é a interpretación que fai unha funcionaria sobre a repercusión que a sentencia ten sobre a situación do alcalde, e nos como Grupo Municipal non temos nada que obxectar. É a opinión xurídica dunha funcionaria.

 

3º.- Non obstante, o noso Grupo conta con informes radicalmente disKntos e que nos parecen mais acaídos á situación do noso compañeiro Pichurri, máximo tendo en conta que non existe xurisprudencia clara sobre a aplicación dunha lei pensada para perseguir a terroristas.

 

4.- A aceptación das demandas da oposición podería levarnos a unha situación inxusta e con efectos irreversibles en caso de que os tribunais acepten o recurso presentado polo alcalde de Camariñas á sentencia que o inhabilita, xa que, ao dimitir como alcalde, toma posesión un novo concelleiro e procédese á elección dun novo alcalde. Que ocorrería, si como agardamos, os tribunais fallan favorablemente o recurso presentado? Como devolver as cousas ao seuestado inicial? O que menos interesa a coalición PP-BNG neste caso, é facer xustiza.

 

5º.- Lamentamos que o Partido Popular siga pola senda emprendida fai moito tempo, polos que realmente controlan esa organización en Camariñas, de xudicializar a vida política municipal. Solo os incapaces e insolventes políticos transitan por esa vía que non conduce a ningún lugar nin redunda, ao que parece, en éxitos electorais.

 

6º.- E lamentamos, moi especialmente, que o Bloque Nacionalista Galego non teña mais escaparate en Camariñas que a unha persoa da catadura política, moral e intelectual da Sra. Ilva …. , colaboradora necesaria do PP. Moitos militantes do BNG en Camariñas téñennos trasladado as súas desculpas polas barbaridades que esta señora traslada aos medios de comunicación.

 

7º.- E para rematar, amosamos a nosa plena confianza na inocencia do noso compañeiro Pichurri, na súa honradez e no seu compromiso ideolóxico co Partido Socialista e os seus valores. E non estamos solos, como así o testemuñan os centos de persoas que se concentraron na praza do concello non fai tantos días.

 

 

Nota PP Camariñas

 

 

Despois de 34 anos de goberno socialista en Camariñas, o egocentrismo do señor Valeriano logrou que no ano 2017 teñamos un alcalde que non pertenece ó PSOE. Para mais incredulidade dos vecinos, os concelleiros do PSOE de Camariñas manteñen no cargo a unha persoa senteciada por prevaricación por un xuiz e apartado do seu cargo pola secretaria do Concello, ambas persoas neutrais e sen ideolixía política que condicione os seus actos.

 

Na súa desesperación, o señor Valeriano intentará levar consigo os seus antigos compañeiros de partido ó incumplimento dos informes da secretaria e a desobedecer a lei, e todo por non deixar o seu posto a outro membro do seu antigo partido para que siga gobernando o PSOE. Prefire isto a deixar en mans das persoas que lle axudaron no seu día a acadar o posto que tiña de alcalde, ésa é a confianza que lle merecen os seus compañeiros.

 

Dende o PP de Camariñas temos un total repecto das leis e en cumplimento das mesmas,  recomendamoslle o señor Valeriano que intente limpiar a súa imaxe (si é que pode) dende a súa casa sin entorpecer a labor administrativa ou pode que esta liña o leve a él e os demais concelleiros do PSOE a mais problemas xudiciais dos que él sería o responsable, como o é de todo o que lle está a ocorrer por non respectar  a lei.

 

Pense no seu pobo e deixe de pensar só en vostede. Deixe de culpar os demais dos seus erros e asuma a súa responsabilidade en vez de cargar os demais das súas faltas.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *