Para “Tempo Vertical” o filme que prepara Lois Patiño.

 

As produtoras Zeitun Films e Amanita films buscan figurantes para Tempo Vertical, a segunda longametraxe de Lois Patiño, director do documental Costa da Morte. Por este motivo organizan varios castings nas localidades de Camariñas, Ponte do Porto e Camelle, no concello de Camariñas.

Onde son os castings de Camariñas?

Luns 19 de xuño ás 17h. no Museo do Alemán de Camelle.

Martes 20 de xuño ás 17h. na Casa da Pedra de Camariñas.

Mércores 21 de xuño ás 18h. no Casino de Ponte do Porto.

Que tipo de figurantes buscan?

Homes e mulleres maiores de 35 anos e, sobre todo, xente de entre 55 e 85 anos. Todo tipo de perfís. Non é necesaria experiencia previa en interpretación xa que os figurantes deberán posar totalmente inmóbiles.

2 COMENTARIOS

  1. Lo de figurantes ya lo sabemos bien y lo inmoviles se confirma despues de mi comentario, si no leen a nosa costa es porque viven en otro planeta y si la leen y no contestaron es que aceptan la realidad comentada.

  2. Justo para el PP de Camariñas, hace 34 años que son figurantes y en ese mismo lapso de tiempo han permanecido inmoviles ante todos y cada aconticimiento que se produjo en Camariñas. Trabajo asegurado por un tiempo.

Comments are closed.