OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A decisión do titular do xulgado contencioso/administrativo número 3 da Coruña por mor dun recurso do Partido Popular  provocou as críticas do goberno local de Camariñas que difundiu o seguinte comunicado.

 

Comunicado concello de Camariñas

 

 

Un xuíz, a instancias do PP, paraliza cautelarmente a celebración do pleno en Camariñas que ía decidir a renuncia do alcalde.

 

 

O mesmo xuíz que paralizou as obras do tanatorio impide que se celebre o pleno en Camariñas

 

 

O titular do xulgado nº 3 do Contencioso/Administrativo da Coruña, Juan Carlos Fernandez, ven de ordenar a suspensión do pleno que ía celebrarse esta tarde no Concello de Camariñas.

 

 

Na sesión, convocada polo rexedor Manuel Valeriano Alonso, íanse clarexar os extremos da sentenza que condena o alcalde a inhabilitación administrativa.

 

En concreto, o pleno ía determinar a “declaración de incompatibilidade do rexedor por inelixibilidade sobrevida” e a outorgar a este un prazo de 10 días hábiles para presentar recurso diante do Tribunal Constitucional.

 

 

A acción do xuíz Juan Carlos Fernández López, que suspende provisionalmente a execución do acordo plenario e a celebración deste pleno, ven de colocar nun impas lexislativo sen precedentes a Camariñas.

 

Os populares, que son autores únicos do recurso diante da sala do contencioso administrativo, veñen de impedir coa súa acción aquelo que levan semanas solicitando sen atender a ditames xurídicos nin a peticións populares, a saber; perseguir a renuncia de Manuel Alonso coma alcalde de Camariñas.

 

 

O Xuíz Fernandez Lopez xa actuou en prol do interese do PP camariñán anteriormente, ao suspender cautelarmente as obras do Tanatorio dentro dun proceso que, como quedou finalmente acreditado, respondía unicamente aos intereses electorais de Aufiero e compañía. Como todos sabemos, o Tanatorio finalmente se fixo en lei, a pesar do xuíz e do PP.

 

 

O alcalde de Camariñas lamenta profundamente que esta acción in extremis, da que estaban previamente avisados tanto PP coma BNG, que non se molestaron nin en acudir a sesión convocada antes incluso de coñecerse oficialmente da suspensión por parte do xuíz, impida que os acontecementos sigan “pola senda que era mellor para todos, veciños e veciñas, que non merecen estar enmerdados nas intrigas do PP e dos seus compinches”