Este é o comunicado remitido desde o Partido Popular de Camariñas.

 

Ante os últimos acontecementos ocorridos no Concello de Camariñas, dende o PP pedimos responsabilidade por parte do señor Valeriano en facer cumplir a lei. Vostede tomou unha decisión responsable cando se dou de baixa do PSOE e esperamos que sexa igual de responsable cos veciños que lle outorgaron a súa confianza para recoñecer os seus erros e asumir as consecuencias dos mesmos.

O señor Valeriano está obsesionado con dilatar todo este problema durante meses e deixarnos cun problema cada vez mais grande, e sin ninguna solución. Foron os seus erros os que provocaron a situación actual, e somos os veciños os que estamos a pagar as consecuencias. Iso non é xusto e si tuvera responsabilidade, admitiría a súa incompatibilidade e deixaría o seu posto o seguinte na lista do PS de Camariñas.

En contra disto, opta por enrocarse no seu posto e levar todo os tribunais. Nos non queremos esa opción, preferimos facer as cousas como marca a lei, pero vostede secuestra a liberdade de expresión nos plenos, non da explicacións do que acontece e prohíbe todo co que non está de acordó, como foi a nosa solicitude de pleno extraordinario nos termos que indica a lei.

Ser concelleiro ten uns dereitos moi importantes pero unas obrigas si cabe mais grandes. Cando aceptamos a nosa acta, aceptamola con todalas consecuencias, por iso pedimos que acate a lei e evite que Camariñas continue nun proceso xudicial que non beneficia a nadie.

4 COMENTARIOS

  1. Les aconsejaria a la oposicion que busquen un buen asesor que le indique como actuar en el futuro si algun dia quieren ser gobierno, son como los parrulos, cada paso una ca………

  2. Efectivamente como todos nos coñecemos,aínda fican moitos veciños que non consumen os feixes de mentiras e manipulacións que interesadamente a executiva local vende.Todos,absolutamente todos,coñecemos o goberno inflamado de prepotencia,amiguismo e nepotismo co que se actua.A sentencia non deixa de ser a proba do que todos xa temos acollido como situación normal.O que non quita de que o Señor,por moito Señor que se proclame,non deba responder das súas accións.Xa vai sendo horas de deslixar a casa consistorial.

  3. Somos pocos y nos conocemos mucho, como dice el refran, «Hay que tomarlo como de quien viene», Dios nos libre y guarde si algun dia esta caterba llegase a ser gobierno en Camariñas. Hasta la Virgen se mudaria a Vimianzo.

  4. As falcatruadas teñen prezo,e ser Alcalde,malia o apoio que poida colleitar dos veciños,non o exime da súa responsabilidade ante a lei.Nin tampouco o lexitima a facer todo canto lle peta,como é adoito dende o concello.

Comments are closed.