Manquiña pecha o ciclo de monólogos de Camariñas

Por o 5 enero, 2018

O vindeiro sábado 13 de xaneiro na Casa de Pedra.

Foto-Xosé Manuel Lema

 

O ciclo de monólogos do concello de Camariñas contará cun dos grandes referentes desta modalidade en Galicia, Manuel Manquiña.

 

Segundo informa a concellería de cultura que coordina Sergio Caamaño, a función terá lugar o vindeiro sábado 13 de xaneiro na Casa de Pedra desde as 9 da noite. As entradas teñen un custe de 3 euros e estarán a venda na biblioteca municipal.O show non é apto para público infantil pero o concello habilitará un servizo de gardería na propia biblioteca durante o espectáculo.

 

Pedro Brandariz no Entroido

 

Manuel Manquiña foi un dos protagonistas do exitoso ciclo celebrado este ano en Santa Comba. Tamén se fixo pública a presenza do humorista Pedro Brandariz en Camariñas, como presentador do concurso de comparsas o próximo martes 13 de febreiro, martes de entroido.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login