Exposición no Museo de Man de Camelle.

O Museo de Man de Camelle acolle este vindeiro sábado 28 de xullo (12,00h) o acto de inauguración da exposición «Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos», que reflexa a importante labor que desenvolve esta asociación liderada por Xosé Manuel Barros e que se dedica a limpieza e retirada de residuos do mar.

 

Retoque Retro, Alivava e Rebecca Ramanathan

 

A mostra conta coa participación do colectivo Retoque Retro, que traballa na pintura, a escultura, e a produción de fauna artística a partir das crebas, e de Alivava, así como da fotógrafa Rebecca Ramanathan.

 

No acto de inauguración haberá un concerto de Jonathan Balbuena e Alfredo Dourado e unha performance de Pablo López Segura. A organización corresponde ao concello de Camariñas e ao Museo de Man.

 

Mar de Fábula organiza recollidas de lixo nas costas