Mónica Rodríguez pídelle o goberno investimentos en infraestruturas “moi necesarias” para Vimianzo

Por o 10 octubre, 2018

Fonte- Nota de prensa PSOE – IxV

PSOE e IxV pídenlle o goberno local que o diñeiro que se ingresou polo da licenza do Parque Eólico Monte Tourado-Eixe se fagan investimentos nas nosas parroquias e que os mesmos aporten un mellor servizo  a todos os usuarios.

Incumprimento do programa electoral de Manuel Antelo

Recordámoslle o goberno do Sr. Antelo, que xa case rematando a segunda lexislatura como alcalde, seguimos sen ver cumprido a maioría do seu programa electoral, que tanto alardeou que iba  a cumprir se o pobo de Vimianzo, lle daba esa maioría absoluta, coa cal podería ser libre para poder facer e dar todo o mellor para Vimianzo. A falta de case 7 meses para as próximas eleccións municipais, temos claro que nada de ese compromiso cumpriu para darlle os vimianceses o que precisan. Sí podemos dicir, que  con este diñeiro que ten o seu dispor, vai facer “arranxos de pouca entidade”, estas, non deixan de ser obras preelectorais, con pinceladas en cada parroquia, en vez de obras necesarias e de calidade. Lamentablemente en case 8 anos de goberno, Vimianzo está nun rumbo sen proxección de futuro, e as nosas parroquias están nun claro abandono de mantemento e conservación.

Propostas de obras en Vimianzo

Dende o noso grupo consideramos que con esta modificación presupostaría, na cal ingresan 1.117.000 € nas arcas municipais,  estes deberan reverter en obras necesarias que perduren no tempo.

As nosas propostas serían entre outras, ampliar a Ponte de acceso o lugar de Pasarela, tendo en conta que a vía é de titularidade municipal e a cal melloraría notablemente o servizo as empresas da zona, non podemos esquecer que na actualidade se atopan as empresas mais importantes da comarca do sector forestal e madeireiro, así como  unha empresa do mundo do motor sendo un referente no ámbito nacional e internacional.

 

Tamén proporiamos outros, como ampliación da Ponte de Quitiande (Serramo) considerando que está ubicada nunha vía de titularidade municipal, pola que circulan vehículos  de gran tonelaxe, tanto agrícola como transporte en xeral; nesta mesma ruta tamén vemos necesario ampliar a ponte de Xora (Treos), e non sería menos importante rematar a Casa Cultura de Baiñas (que leva anos en estado de abandono), facer unha senda peonil en Castrelo (dende a igrexa o cruce Caxadas), cubrir a pista polideportiva en Carnés, o Saneamento en Berdoias e tamén nos gustaría que incorporara  unha partida considerable para dar por iniciada a 1ª fase da piscina climatizada de Vimianzo, que tanto leva prometendo, pero en oito anos o único que vai facer e dedicar 25 mil euros a impermeabilizar o vaso da piscina existente, e anuncia de maneira ilóxica, que intentará convertela en climatizada, o que denominamos, como un “parche” mais do actual goberno.

Con estas, e outras aportacións gustaríanos que o Sr. Alcalde reflexionase e valore poder atender as nosas peticións, para un Vimianzo mellor.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información