Carme Hermo presentou o seu libro sobre Man

Por o 4 diciembre, 2018

Man de Camelle conta cun novo libro tras o recén editado por Tracy Saunders. Na fin de semana no Culturgal de Pontevedra, a feira cultural máis importante de Galicia, foi a presentación do libro “Man de Camelle”, realizado por Carmen Hermo e editado por Kalandraka. Na cita a autora estivo acompañada polo artista muxián Antón Castro. Non faltaron ao evento representantes locais como o concelleiro de Obras do Concello de Camariñas e responsable do Museo Man de Camelle Juan Carlos Canosa.

Quince anos arredor do legado de Man

A autora leva 15 anos traballando arredor do arte de Manfred Gnadinger. Pola súa relación co Concello de Camariñas Hermo é a comisaria da exposición permanente no Museo de Man de Camelle, aberto dende 2015. Este mes vai ser presentado en Camariñas. A autora conta unha historia polifónica a través de ilustracións, polo que se trata propiamente dun caderno de arte, de debuxos interpretando o legado de Man.

O Museo Man forma parte da Rede REMA de Espazos Museísticos do Atlántico, e da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información