Mónica Rodríguez critica os anos perdidos en Vimianzo co goberno de Manuel Antelo

Por o 7 febrero, 2019

A edil de IxV e candidata do PSOE en Vimianzo Mónica Rodríguez criticou o que considera unha lexislación perdida do goberno do BNG e posteriormente Adiante Vimianzo.

Mónica Rodríguez fai esta crítica consciente de que “facendo unha reflexión dos últimos anos de Vimianzo, sentimonos moi preocupados”, porque “temos parque empresarial, pero baleiro. O Alcalde non fai nada por promovelo. Temos 14 parroquias sen mantemento das súas estradas e edificios municipais. Por moito que insistimos, o alcalde non fai nada”.

Engade que “temos medo de circular de noite e cruzar por determinados pasos de peóns, pero por moito que o pedimos, o alcalde non mellora a iluminación pública nin a seguridade viaria a través de marcas e sinalizacións” indica acandidata socialista que insiste en que “temos solicitado a execución urxente de sendas en Castrelo, Tufións, Carantoña, Calo ou Baíñas. Sempre coa sordeira crónica do alcalde como resposta”.

Continúa a súa reflexión manifestando que “temos feito en máis dunha ocasión a proposta de mellora da estrada de evacuación a Tedín” sen resposta e ademais “temos proposto a inclusión nalgún dos plans investidores da Deputación de A Coruña as ampliacións das pontes de Quitiande, Pasarela, Xora, Cambeda. Pero o alcalde non tende pontes coas demais administracións e menos a proposta de outro grupo”.

Tamén lamenta a falta de apoio a un “sector gandeiro que apostou por quedarse e medrar con Vimianzo. Propuxemos darlle facilidades na recollida de plásticos e non arranxa das pistas. Pero segue todo como estaba” .

Mónica Rodríguez considera necesaria a construción dun parque infantil cuberto e de dotar de saída á autovía no Parque Empresarial.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información