Este xoves 24 de outubro en Camariñas-

Nunha paraxe incomparable, o Faro de Cabo Vilán de Camariñas, este vindeiro xoves 24 de outubro celebrarase o acto de presentación oficial da marca territorio “Costa da Morte. Terra Atlántica”.

A partir das 12 do mediodía, representantes da entidade promotora da marca o GDR Costa da Morte e do AGADER, xunto con institucións da zona e representantes de empresas que xa forman parte desta marca, participarán neste evento.

Visibilizar os produtos da Costa da Morte

Unha actividade aberta ao público en xeral. A marca de territorio pretende ”busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Terra Atlántica pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos e servizos de empresas da Costa da Morte”.