O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, informou ao alcalde de Zas, Manuel Muíño, que en breve comezarase coa supervisión técnica do proxecto de ampliación e mellora da ponte de Baio, como paso previo a contratación das obras.

A Xunta investirá 405.000 euros nesta mellora que permitirá a ampliación da sección transversal da ponte mediante a execución dunha lousa de formigón armado, con voladizo en ambos laterais.

Segundo o goberno autonómico esta actuación “permitirá reordenar o tráfico rodado e peonil, xa que a nova sección transversal posibilitará albergar dous carrís de 3,00 m de ancho, beiravías de 0,25 m ou beirarrúas de 2,10 m de anchura”.

O proxecto inicial tivo que ser modificado para conseguir o informe favorable da comisión provincial de Patrimonio