04 octubre 2020 A Coruña.- Gonzalo Trenor tomó este septiembre posesión desu cargo como nuevo delegado territorial de la Xunta en A Coruña

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, anunciou que pronto se dará resposta a unha das demandas existentes desde hai tempo na Terra de Soneira:”En Radio Xallas anunciamos a adxudicación inminente das obras de mellora da ponte sobre o río Grande en Baio na que investiremos 330.000€. Levaremos a cabo unha actuación integral de humanización do entorno, melloraremos a seguridade vial e poremos en valor a ponte” sinalou.


“Na Encrucillada” de Radio Xallas


Trenor participou no programa “Na Encrucillada” que se emite de luns a venres de 11 a 13h.Tamén se referiu as axudas á hostalería, informando que “na comarca de Bergantiños-Costa da Morte tramitamos máis de 970 apoios cun investimento de 1,6M€”.


Fixo referencia ao II Plan de Rescate, con 75 millóns comprometidos pola Xunta e coa intención de “facilitaraínda máis os trámites para solicitar as axudas”.


Tamén falou do reforzo das axudas para o Servizo de Axuda No Fogar, o cobro das axudas da PAC ou dos distintos obradoiros de emprego que se estén desenvolvendo na Costa da Morte.