Novas

O PP recrimina ao alcalde cuestións pendentes en materia portuaria

Por o 13 septiembre, 2017

Nota de prensa do Partido Popular de Camariñas. Reproducimos completa.

 

O PP de Camariñas asistiu hoxe a presentación da 4ª Fase de Limpeza de dársenas autonómicas co Presidente de Portos de Galicia. Aproveitando a súa visita, recordouselle da importancia da reunión que teñen pendente o equipo de goberno con Portos de Galicia para tratar urxentemente os problemas que existen no Paseo Marítimo.

 

O portavoz do PP, Mauro Aufiero recordou que “leva pendente casi un ano pola incomparecencia do señor Valeriano”, máis preocupado nos seus temas xurídicos que nos temas dos seus veciños. Insisten e levar os problemas do paseo en cada visita do Presidente pero nunca fan nada para tratar de resolvelos.

 

Reflexo desto é, por exemplo, a petición da colocación dun espello para resolver o nula visibilidadade que existe nun cruce na zona do peirao, que se lle trasladou o presidente de Portos anteriormente, pero que remite a responsabilidade do Concello a dita actuación. Ante esta afirmación, o representante do Concello calou, admitindo a súa responsabilidade, ante a cal, esiximos que se execute o máis rápido posible para a seguridade dos usuarios que teñen que transitar por ese cruce.

Comentarios

Comentarios