Novas

O PP de Camariñas afirma que Pichurri “é un corrupto”

Por o 5 octubre, 2017

“Xa cobrou comisións por seguros ilegalmente dito pola Policía e recoñecido por él no seu momento” recrimina o PP de Camariñas.

 

 

Nota de prensa do Partido Popular de Camariñas en resposta ás declaracións de Manuel Valeriano Alonso á emisora Radio Voz Bergantiños.

 

 

O PP de Camariñas recordalle o señor Valeriano que a lei o aparta do posto de concelleiro do Concello polos seus actos, e polo único que continúa é por seguir querendo impoñer a súa dictadura moral aos vecinos.

 

Mauro Aufiero recalca que “o PP xa propuxo unha solución o problema que existe dentro do Concello coa convocatoria dun pleno nos termos legalmente establecidos, pero eso o señor Valeiano non lle gusta, e vulnera o dereito que temos os concelleiros a solicitar un pleno extraordinario”. Outra mais no debe do señor Valeriano.

 

O único que está a cobrar ilegalmente no Concello e o señor Valeriano, o PP de Camariñas está a manifestar en tódolos plenos e comisóns a súa disconformidade coa situación provocada polo equipo de goberno e polas repercusións que vai a ter no futuro inmediato do noso Concello. E recordamoslle tanto a él como os vecinos do Concello, que xa cobrou comisions por seguros ilegalmente dito pola Policía e recoñecido por él no seu momento.

 

Todos sabemos que o señor Valeriano é unha persoa moi asidua ós xuzgados. Os vecinos temos unha cousa moi clara, o señor Valeriano é coñecido por ser un CORRUPTO, cousa que non pode dicir de nadie da oposición.

Comentarios

Comentarios