Visita de José Juan Durán a Camariñas.

 

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou a localidade de Camariñas para comprobar o avance das obras de dotación da nova rede de saneamento e nova beirarrúa, na zona portuaria, que contan cun orzamento de 70.000 euros.

 

Melloras na zona portuaria

 

A instalación dun novo colector na explanada permitirá recoller os vertidos dos edificios de departamentos, lonxa, club náutico e servizos portuarios. Os vertidos serán posteriormente evacuados á rede xeral municipal para o seu tratamento axeitado. Ademais, construirase unha beirarrúa polo bordo do viario na marxe da explanada, para separar o vial e a zona do náutico.

 

 

Representación municipal encabezada por Pichurri

 

Durán lembrou o investimento de 60.000 euros realizado nos últimos meses nas instalacións portuarias de Camariñas. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, polo concelleiro de obras, Juan Carlos Canosa, polo voceiro do PP, Mauro Aufiero e pola patrona maior Dolores Bermúdez.