Xurxo Rodríguez Baña é o novo responsable local do Bloque Nacionalista Galego no concello de Camariñas. Así o decidiu a asemblea local. Sustitúe a Manuel Camiño.

Rodríguez Baña, veciño de Camelle, leva anos vencellado ao BNG. Fontes do partido aseguran que
«Xurxo é unha persoa moi recoñecida e apreciada polas veciñas e veciños e é un membro destacado do BNG na localidade que acumula experiencia política e organizativa, e que ten demostrado notablemente o seu traballo incansable polos intereses da veciñanza».

O BNG de Camariñas conta cunha concelleira na corporación local, Ilva Carril.