O alumnado de 5º e 6º de primaria repintou durante estes días o valado exterior do centro.

O Concello de Camariñas rematou esta semana o pintado exterior do CEIP O Areal. Os traballos consistiron no arranxo de fendas e pintado do frente e dos dous laterais do colexio, quedando pendente para posteriores actuacións o arranxo da parte posterior.

Ademais, aproveitando o pintado exterior do edificio, os rapaces de 5º e 6º de primaria repintaron durante estos días o valado exterior do centro, acompañados dos seus mestres e cun resultado certamente espectacular, que deixa unha imaxe totalmente renovada das instalacións.

Fonte – Concello de Camariñas