Noticias de Cee, Zas, Vimianzo e Malpica.

 

 

Ampliación da unidade de diálese no Hospital de Cee

 

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee onde anunciou que o seu departamento vai investir 520.000 euros para a ampliación da unidade de diálise neste centro.

 

Renuncia a portavoz do PSdeG de Malpica

 

A portavoz municipal do PSdeG de Malpica, Isabel Loureiro Varela, presentou a súa renuncia como concelleira da corporación local alegando “motivos de natureza persoal e profesional”.Será substituída por Sergio M. García Villar.

 

 

Pide un plan de emerxencia contra a seca en Zas

 

O portavoz municipal do Partido Popular de Zas anunciou que vai presentar unha moción na que insta ao goberno local do BNG a poñer en marcha un plan de emerxencia para paliar os problemas que a seca están provocando nas parroquias de Brandomil, Brandoñas, Muíño, Loroño, Meanos, Santa Sía de Roma e San Adrián. Ademais David Gómez denuncia un “trato desigual” por parte do concello no abastecemento ás parroquias.

 

XI Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo

 

O pavillón de Vimianzo acolle desde as 10 da mañá deste sábado 4 de novembro a XI Xuntanza de Palilleiras que organiza a asociación As Nemanquiñas de Vimianzo.

 

Unhas 550 palilleiras participarán neste evento procentes de distintos putos de Galicia pero tamén doutras cidades do estado como León ou Salamanca.