“Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte” novo libro da colaboradora de Anosacosta.
Desde este martes está á venda o segundo libro de Natalia Lema Otero, colaboradora de Anosacosta, que leva por título “Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte”(editorial Bubok).
Tal e como indicou Natalia Lema á nosa redacción a idea deste libro “xurdiu de maneira espontánea e fortuíta”. Pareceulle un proxecto interesante que podería ter “viabilidade” ao non haber moitas referencias en galego.
“Non pretendo ensinarlle a manexar un tractor a ninguén”
“O libro pretende ser unha ferramenta de concienciación, non pretendo ensinarlle a manexar un tractor a ninguén pero sí que é preciso mellorar conductas e divulgar manobras que poden resultar perigosas. As recomendacións nunca están de máis e seguro que os lectores incluso aprenden algunha curiosidade como me pasou a min” declarou a autora a Anosacosta.