Pepe Collazo, o poeta de Baio

Por o 18 octubre, 2009

Por medio dun artigo de Rafael Lema acercámonos a figura do poeta José Collazo. E ofrecemos os nosos lectores uns dos seus poemas: “Adiós Val de Vimianzo”.

Jose Collazo Martinez, poeta Baio

PEPE COLLAZO, O POETA DE BAIO

Un dos poetas do século pasado en lingua galega da Costa da Morte pouco coñecidos e que tivo unha destacada vida social na emigración en Bos Aires é Jose Collazo Martinez, Pepe Collazo, de Baio.

Moitos dos seus poemas chegaron a nós desde os números da revista Union de Teo y Vedra de Bos Aires, publicados entre 1952 e 1954. A falta dun estudio da vida e obra do autor posiblemente Collazo na guerra civil foi membro do batallon de milicias populares gallegas e refugiado en Francia no campo de Barcarés e logo emigrou o exilio a Bos Aires, datos que nos gustaria contrastar entre outros que temos. Alí tivo unha gran actividade nas asociacións galegas.

Como a Union de Teo e Vedra, nun principio órgano agrario e para a “instrucción y emancipacion del pueblo gallego”, na Hijos de Zas creada en 1923 e na ABC de Corcubion creada un ano antes. Os emigrantes que procedían de Baio e arredores ingresaban na ABC, e os do resto do concello zasense facíano na sociedade municipal. Neste feito posiblemente tivese moito que ver a figura do poeta-canteiro baiés Pepe Collazo, pois a meirande parte dos novos socios do concello de Zas na ABC eran presentados por Collazo.

Aparte de articulos e novas en varias revistas, en Union de Teo y Vedra publica poemas como Adios val de Vimianzo, en maio de 1952; Os feligreses de Baio desgarraron a san Pablo, en agosto de 1953; Como era domingo da Barca en Bayo as mozas do mundo bergantiñan, en febreiro de 1954; A Virxe de Montetorán, en maio de 1954, ou Non entran no ceo… en novembro do 1954.

ADIOS VAL DE VIMIANZO

Imaxes d-aqueles días
n-a miña mente repaso.
D-os días de Vimianzo,
d-a lua e d-as estreliñas.
Coma unha alfombra de seda
deitanse as verdosas veigas,
nunha arumosa pradeira
de Cambeda a Pasarela.
Lembrome cal se onte fora
as veces qu-eu contempraba,
tan celeste panorama
dend-a praza a Ponte Roda.
Era equala rua irman
donde cal virxes diviñas,
pol-o lunar van a vila
todal-as mozas d-o Val.
Haber n-hai n-o mundo ceibo
unha vila tan xentil,
nin mozas coma en Tedín,
O Cárcel e Tras Outeiro.
Rosas hainas n-a Baliña,
Casais, A Toxa ou Irroa:
som com-a Nosa Señora
ou com-a Santa Lucia.
Xamais deixo de sentir
d-as de calo: hai que ter tino
pois fan perder o sentido
as frores d-aquel xardín.
Pensaba eu: ¡bonitas son!
Pro hai que lembrar decote
que todas beben na fonte
que don Xoan ameigou.
En longas ruas e sendas
verdecentes vastas e outas,
erguense maxeistuosas
no Val muitas alamedas.
Vense ir pol-a sombra e van
cantando arredor d-as veigas,
as nenas vimianceiras
que lle fuxen o lunar.
Olliños de cor celeste,
lucerios prenos de lus.
N-hai virxes n-o ceo azul
coma-as que hai en San Vicente.
Noites que eu pasei sereas
por aquel chan non ten nome.
Comezaba en Rasamonde,
romataba en Pasarela.
No val era tod-as partes
festa, cantos de alegria:
era a flor das romarias
o floreiro d-As Pasantes.
Douradiños coves fortes
expareen auras amenas,
bica unha chubia d-estrelas
as creestas d-os outos montes.
A luna d-o Xoán sai
con relumantes bermello:
nace na Cruz d-o Loureiro,
pérdese en Castrobuxán.
D-a campiña verdexando
xurdia doce arume maino;
non sei s-era aquel Vimianzo
ou nun mundo imaxinario.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login