Novas

O alcalde de Zas nega a multa e acusa ao PP de ter información privilexiada da Xunta

Por o 4 octubre, 2017

@cristobalmourin// O alcalde asegura que a delegada territorial de Sanidade e o portavoz do PP “terán que responder” e probablemente presentará unha denuncia.

 

Un expediente político

 

O alcalde de Zas negou as afirmacións do portavoz do Partido Popular de Zas sobre unha suposta sanción de 15.000 euros por irregularidades no servizo da piscina municipal con rotundidade:”É mentira que teñamos ningunha sanción da consellería de Sanidade”.

 

Muíño Espasandín aclarou que se trata dun “expediente político” que está recorrido “nunha fase inicial” e que polo tanto non é firme.”Eles din que nos van a sancionar porque non había socorrista e nós dicimos que si había socorrista”. Tamén considera “inaudito” a apertura deste expediente cando “ese socorrista aínda ten recorrida a súa non inscrición no rexistro”.

 

 

Muíño pide explicacións pola “información privilexiada” do PP

 

En declaracións ao programa “Voces de Bergantiños” de Radio Voz Carballo o alcalde acusou ao portavoz do PP, David Gómez de ter “información privilexiada” e anunciou que probablemente presenten unha denuncia:”A delegada territorial de sanidade vai a ter que responder, non só por abrir o expediente sen motivo nin base ningunha, senón tamén porque o portavoz do PP tiña información dese expediente antes de chegase ao propio concello”.

 

O alcalde nacionalista de Zas asegura que David Gómez “minte de forma continuada” e insiste na información que manexaba o PP:”El saberá porque nos veñen a inspeccionar a nós e non a outros concellos que están na esma situación, se cadra el ten algo que ver”.Muíño Espasandín tamén fixo alusión ao vídeo de Adiante TV sobre o debate plenario da piscina:”A gravación circula por internet”.Declara que están pendentes da resposta da Xunta ao seu recurso e que en defensa dos veciños, se é preciso, irán ao contencioso.

Comentarios

Comentarios