O antropólogo Manuel Vilar presentou un informe en Brandomil coa asistencia de representantes dos concellos de A Baña, Mazaricos, Muxía, Santa Comba, Zas, e Vimianzo.

A contorna da ponte romana de Brandomil acolleu a presentación dun informe sobre o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, realizado polo antropólogo Manuel Vilar, que estivo acompañado por representantes das asociación Grandimirum de Brandomil(Zas), asociación parroquial de Berdoias(Vimianzo) Baíñas do Camiño(Vimianzo), asociación cultural de San Cosme de Antes(Mazaricos),San Luis da Pereira(Santa Comba) e Lumieira(A Baña), que levan desde 2015 traballando pola recuperación e o recoñecemento deste camiño.

 

Manuel Vilar indicou que “hai evidencias claras para concluír que o traxecto Santiago a Muxía pasaba por estes lugares. Agora toca seguir traballando e camiñando”. Próximamente está previsto que se presente o informe á Directora Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez.

 

 

Apoio de seis concellos

 

Segundo os promotores ao acto desenvolvido este sábado asistiron unhas trescentas persoas, con representantes dos seis concellos patrocinadores A Baña, Mazaricos, Muxía, Santa Comba, Zas, e Vimianzo. Entre eles a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o de Zas, Manuel Muíño e o de Vimianzo, Manuel Antelo.