OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O alcalde Manuel Muíño lamenta as trabas da Xunta de Galicia.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O concello de Zas informa que a través do Servizo de Axuda no Fogar municipal presta todos os meses 1.782 horas de axuda no fogar para atender as necesidades de 69 veciños e veciñas, dos cales 52 persoas son dependentes e 17 usuarios de libre concorrencia.

 

Días despois dascríticas lanzadas desde o Partido Popular local, o goberno local aclara que se destinan uns 200.000 euros anuais a este servizo, xa que “a atención á dependencia é unha prioridade”.

 

Aseguran que froito da petición do concello desde o pasado mes de setembro dispoñen de 519 horas máis, xa que había 17 persoas en lista de agarda.Iso si, desde o concello de Zas indican que “o servizo de asistencia no fogar é unha demanda que vai en aumento debido ao envellecemento da poboación”.

 

Trabas administrativas por parte da Xunta

 

Neste senso o alcalde Manuel Muíño alude “ás trabas administrativas para a ampliación de horas e lamenta que o Concello de Zas teña un menor número de horas asignadas con respecto a outros concellos da contorna cun número similar de persoas dependentes”.

 

A pesar destas dificultades o rexedor anuncia que seguirá reivindicando as “ampliacións precisas para que os veciños e veciñas de Zas dispoñan da atención que precisen”