Manuel Muíño:»Unha solución para a correcta xestión deste refugallo».

 

O concello de Zas recolleu 9 toneladas de plásticos agrícolas na campaña de recollida porta a porta que vén de rematar polas distintas parroquias do concello “entre os que se atopan principalmente lonas do silo e sacos procedentes dos rolos de herba”.

 

O alcalde, Manuel Muíño, apunta que o servizo de recollida de plásticos agrícolas porta a porta permite “dar unha solución para a correcta xestión deste refugallo, que tradicionalmente era obxecto de vertido ou incineración incontrolada”.

 

Os plásticos serán trasladados por a unha planta de tratamento por unha empresa xestora.