O Líder do Partido Independente de Santa Comba, Miguel Pérez Fernández participará este próximo mércores nunha entrevista no programa Protagonistas Noroeste de Punto Radio(107.9 FM). Nesta entrevista, ofrecerá a súa visión sobre a situación política actual en Santa Comba e explicará a súa postura de non incorporarse ó goberno local xalleiro que preside o socialista, José Antonio Ucha Velo. Pérez intervirá as 13,05 do mediodía.