O portavoz do Partido Popular e ex-alcalde de Santa Comba pide "que non se mencione ó noso grupo, porque nós non estamos en ningunha guerra, e situámonos ó marxen das polémicas doutros partidos. E cousa deles".

Imagen activa

José Toja Parajó fixo estas manifestacións logo de ser chamado por Anosacosta.com, por mor da crise política e do cruce de declaracións entre os independentes Miguel Pérez e Julio Pedro Ferreiro. "Non vou a valorar algo que non vai con nós, pero pido que non se meta ó P.P. nos problemas internos dos demáis".

Toja insistiu en que "O Partido Popular de Santa Comba é unha piña,  e mantemos o discurso da investidura que imos a facer unha oposición leal e expresamos o noso respeto a figura do alcalde de Santa Comba".

Toja comentou a Anosacosta.com que "Nós somos coherentes e imos a axudar a gobernar Santa Comba", seguindo a liña de compromiso có concello "que levamos defendendo desde sempre". Rexeitou que os populares anden "con ningún tipo de maniobras",  e insiste en que van a realizar un traballo constructivo "porque o que nos importa é Santa Comba e as súas xentes".