O alcalde socialista de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo vai ser entrevistado hoxe mércores por Xosé Manuel Lema en Protagonistas- Noroeste, que se pode sintonizar no 107.9 da FM. O rexedor falará sobre a problemática da Gardería, que finalmente vaise abrir o 13 de setembro, e sobre o proxecto da estrada Santa Comba-Portomouro, entre outros temas de actualidade. "Protagonistas" comenza as 12,00 do mediodía.