Ucha nega as acusacións do PP e afirma que continuará coa súa liña política

Por o 6 septiembre, 2007

O rexedor quixo sair o paso das acusacións do xefe da oposición, José Toja Parajó, negou que houbera falta de previsión, e que o peche se debeu a unha circunstancia excepcional, producida nas probas de selección, o que demostra que este proceso foi transparente.

Ucha tamén matizou que gracias a este peche temporal se están subsanando as deficiencias que existen no recinto. Comprometeuse a que o servizo estivera operativo antes de quince días e asegurou que se de novo o novo proceso de selección de personal depara algún problema “buscaremos outras fórmulas para abri-la gardería”. O alcalde socialista rebatiu os dardos lanzados polo Partido Popular, e asegurou que non persigue nin vetou a ninguén e que tampouco pediu ningún favor o exalcalde, José Toja Parajó. Con certo tono irónico, José Antonio Ucha  comentou en Punto Radio que mantivera dúas conversas con José  Toja. Unha para preguntarlle o seu sentido de voto no pleno onde se aprobou o seu soldo como alcalde e outra comunicación telefónica, para explicarlle a intención de Ucha para cobrar “retroactivamente” a nómina do mes de xullo. Nin máis nin menos.

 Ucha Velo asegurou que vai a continuar mentras goberne, coa súa liña marcada, invitou ós que non estén dacordo a facer unha moción de censura, insinuando un bó entendemento entre Toja Parajó e o independiente Eugenio Pichel:"A Toja traicionalle o subsconciente. Está entregado en brazos del amor de Pichel.Pois vale.", dixo textualmente o político de Cícere.Tamén se mostrou tranquilo porque afirma que aínda que só ten catro de dazasete concelleiros da corporación, él conta co respaldo popular "e non me deixo doblegar".

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información