Na segunda semana do novo curso político, o "segundo" roce entre o alcalde xalleiro, José Antonio Ucha Velo e o voceiro do Partido Popular, José Toja Parajó

O pasado luns, desde o concello difundíase un comunicado no que o rexedor criticaba a ausencia dos portavoces municipais a unha xuntanza informativ sobre a gardería, entre outros temas. Nin Toja, nin Eugenio Pichel, nin Miguel Pérez acudiron, ni xustificaron  a súa ausencia nin tampouco enviaron sustituto. Iso foi ratificado por Ucha en Punto Radio, anque logo, fora da antena, informou a esta emisora que José Toja desculpara a súa ausencia ante a secretaria municipal. Ucha Velo acusou ós membros da oposición de non ir a estas xuntas porque non se cobraban. Nesta redacción non soubemos da reacción de Miguel Pérez e de Eugenio Pichel. O Partido Popular foi moi crítico e pediu o alcalde que se deixara de insultar a oposición porque a súa actitude era "indignante".
A Visión de Ucha
" E algo excepcional. Eu nunca faltei como concelleiro a ningunha destas xuntanzas. Aquí parece que todo o mundo se move única e exclusivamente polo diñeiro. É chamativo que digan que reclaman polo tema da gardería e non se dignan nin a vir. Non teñen interés pola gardería , só queren facer dano".
A Visión de Toja Parajó:
" Eu estiven dez anos sen adicación exclusiva e fun a moitos sitios sen cobrar. Agora non estou no concello por interese económico. Estou porque me elixiron os veciños e quero facer unha oposición digna. Pero o alcalde falta ó respeto a toda a oposición. A mín dáme igual o que faga agora e as reunións que convoque, porque xa tomou a decisión de pechar a gardería. Ucha é o responsable. O PP solicitou a apertura da gardería e información cando se cerrou e o alcalde quere agora unha xunta de portavoces".