A Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude xalleira vén de presentar a programación das escolas deportivas municipais de cara ó curso 2007- 2008. Para esta edición, o departamento que dirixe Ángel Souto, ofertará un bo número de novidades co propósito de que os rapaces deste concello teñan unha ampla gama de propostas para practicar o deporte que máis lles guste.

 Este ano engádense á oferta formativa as actividades de baloncesto, balonmán, tenis, badminton e atletismo; que xunto coas xa clásicas de fútbol sala, patinaxe, voleibol, aeróbic infantil e taekwondo configuran un excelente abano de posibilidades de elección para os nenos e os pais de Santa Comba.
Para a inscripción e para recabar toda a información necesaria, os interesados poden dirixirse a Oficina de Deportes situada na Casa de Cultura, ou ben chamar ós números de teléfono 981 88 02 75 ou 981 81 86 81.O prazo para a apuntarse nestas escolas remata o lúns 29 de outubro.

ACTIVIDADES PARA ADULTOS

A Oficina de Deportes xalleira tamén vai a ofertar distintas actividades destinadas á población adulta. As primeiras as que poden ter acceso son Taekwondo,  Ximnasia de Mantenemento e unha atractiva novidade, a Capoeira. Esta  actividade combina o exercicio físico coa música e a danza  con ritmos brasileiros. Xa se presentara en Santa Comba o pasado mes de maio, na 3ª edición do Maratón de Aeróbic, e obtivera un notable éxito co que agora pasará á programación anual. Toda a información referente a estes temas, pódena obter na mesma Oficina ou nos seus teléfonos de contacto.