Máis dunha ducia de xalleiros participaron nunha actividade que cada día gaña máis simpatizantes. Entre os asistentes, o alcalde José Antonio Ucha.

Image

Pese a que o domingo amaneceu en toda a comarca cun día treboento, o sol raiou o necesario para que un grupo de xalleiros disfrutaran de “ Un día de Aventura”, unha aposta da Oficina de Deportes do Concello no seu afán por promocionar as actividades de ocio en contacto co entorno natural. As magníficas instalacións que ten a empresa de turismo activo Naturmaz en Mazaricos foi o escenario elexido para ter contacto con disciplinas pouco habituais na vida cotiá. Algo tranquilo para exercitar a concentración como o tiro con arco; pero tamén moita adrenalina a flor de pel co descenso en tirolina, o Rocódromo, o sempre divertido Paint- ball e o que para moitos foi a súa primeira toma de contacto co piragüismo, conformaron un “menú activo” de primeiro nivel.

O mesmo alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, acompañou e participou en todas e cada unha destas actividades, dando, unha vez máis, mostras do seu espiritu deportivo.

Ben entrada a tarde, cando se aveciñaba unha nova treboada, estes xalleiros “aventureiros” regresaron os seus fogares exhaustos pero felices.