O portavoz de Terras de Xallas fixo a súa lectura dos cen primeiros días de goberno en Santa Comba, valorando especialmente o feito de "que hai un aire novo e Santa Comba estáse movendo e iso non se producia desde fai dezaseis anos". Eugenio Pichel asegurou que "se están facendo cousas para mellor e se puxo en marcha un tren que estaba parado", aínda que " a este goberno le falta a seriedade que podería aportar Terras de Xallas".

Imagen activa

Neste punto, Pichel cree que o culpable desta situación "insostible" é o propio Ucha Velo "De non querer contar con nós no goberno. Levámoslle unha proposta e non quixo nin ver a nosa proposta. Quixo todo para él e iso é o preocupante".
Con respecto o futuro, e sobre a evolución do actual mapa político, de posibles novos apoios ó goberno ou incluso a posibilidade rumoreada dunha moción de censura, Pichel López respostaba o seguinte:" O futuro pasaría polo equilibrio. Pero aquí hai moitos actores. É algo impredicible pero seguramente que se lle dará un xeito a esta situación insostible. Non sei cal será o xeito e depende por onde haxa acordos para equilibrar a situación".
Para o voceiro municipal de Terras de Xallas, sería unha catástrofe volver a situación inicial do goberno de José Toja, e aconsellou ó Partido Popular que "busque un novo portavoz", ante   as propostas que realizou Toja Parajó porque "Fai un listado do que él non fixo no seu mandato e quere que Ucha o faga rápidamente. É obsceno na boca do señor Toja".
Por último, opina que ó alcalde de Santa Comba lle falta "aplomo" e que está cometendo "algúns erros gravísimos porque é case un rapaz". Esta situación quedaría solventada si "Terras de Xallas" estuviera en el gobierno.