crónica de X.M.Lema

Image

Santa Comba celebrou a súa terceira Gala do Deporte, na que participaron ó redor de 350 personas, que se deron cita no Auditorio do Multiusos. O acto foi presentado por Xacobe Pérez Paz e por José Manuel Vázquez, e contou coa presencia da delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagres Lantes, o deportivista Xisco e o director técnico do equipo ciclista Karpin Galicia, Suso Blanco Villar. Por parte das autoridades locais, estiveron presentes o alcalde, José Antonio Ucha, o edil de deportes, Angel Souto, e os membros do goberno, Julio Ferreiro e Blanca Ruzo. Tamén estiveron os edís da corporación Jacobo Amarelle e Javier Facal(PP), e Eugenio Pichel, Dolores Calvo e Lucía Rial (Terras de Xallas).

PODES VER AS FOTOS DA GALA PINCHANDO AQUÍ

A Gala do Deporte estivo marcada pola continuidade, xa que en palabras do propio alcalde "Imos seguir nese camiño e se podemos imos a mellora-lo". Ucha fixo un recoñecemento público o traballo feito polo anterior edil de Deportes, o popular Javier Facal. Tamén se viviu un "momento reivindicativo", cando o capitán do Cicasa-Santa Comba, Roberto Turnes lanzou unha mensaxe directa o goberno local "Aínda que nos desaloxen das cuadras, imos seguir levando o nome de Santa Comba por toda España", en referencia a orde de deshaucio por parte do municipio nas dependencias equinas ubicadas na zona do parque de bombeiros.A Gala do Deporte comenzou con evidente retraso, uns 40 minutos desesperantes, e salvando esta circunstancia e máis a extensión dos discursos dos presentadores e dalgún premiado, foi todo un éxito por parte do Concello de Santa Comba.
Xacobe e Huelvis intercambiaban bromas e animaban a velada. Na súa introducción, o edil de Deportes, Angel Souto quixo recoñer o traballo dos técnicos da Oficina de Deportes, destacou os valores formativos do deporte, e quixo lembrar o pasamento do histórico presidente do Castriz, Manolo Gómez Vilar. Cecais onte fora o momento para darlle un premio "a título póstumo".
Os primeiros en recoller o seu premio foron os deportistas do equipo alevín de fútbol-sala. Despois subiu Roberto Turnes e os compañeiros do equipo de horse-Ball. E foron desfilando os tenistas Luís Cordeiro e Manuel Riero "Carteiro", o Presidente de Esa Motor, Américo Negreira, o párroco José Gerpe Gerpe, e os históricos do Xallas dos anos setenta, (Gil, Rubio, etc..). Polos "verdes", interviu José Gil que seguiu a liña de tódolos premiados, convidando a seguir "o camiño do deporte e da deportividade". Despois viñeron os cadetes do Santa Comba, e un vídeo-saúdo de Óscar Pereiro.
Huelvis falaba dun "mestre con letras maiúsculas" e chegou o turno de don Santiago Pérez Rodríguez que afirmou: "O meu corazón queda con vós". E logo outro recoñecemento para Severino Amarelle, que quixo compartir escenario e premio con Manolo Amarelle, e aproveitou para pedir a delegada de Deportes axudas para infraestructuras deportivas en Santa Comba e apoio para "ter monitores de base auténticos".Logo, se lles concedeu un agasallo a Blanco Villar e Xisco e chegaron os discursos de peche. José Antonio Ucha  falou de continuidade de eventos do anterior goberno coma a Gala do Deporte, e asegurou que o seu goberno íba a priorizar as categorías de base e as infraestructuras.
A delegada de Deportes, Milagres Lantes falou do beneficio do deporte "aínda que non se gañe o importante é que se inculquen uns valores pedagóxicos e culturais"