O Concello de Santa Comba adxudicou o proxecto de acondicionamento da Casa da Mina de Varilongo, para a súa conversión nun centro de educación enerxética. O investimento ascende a 107.500 euros. A empresa gañadora do concurso foi EXOGA.