O Mercado do Gando de Santa Comba acolle esta fin de semana un interesante Torneo de Nadal de Horse Ball, organizado polo Centro Ecuestre do Xallas, e no cal participarán catro equipos: Cabaleiros do Deza, Vigo Horse Ball, Cabaleiros de Negreira, e o Cicasa Santa Comba. Os encontros comenzarán esta sábado desde as 16,00 e continuarán o domingo as 12,00. Desde a organización convidan a tódolos xalleiros e persoas en xeral a presenciar este torneo da espectacular modalidade do baloncesto a cabalo ou Horse Ball.