O alcalde de Santa Comba expresounos os desexos e propósitos que ten para este 2.008 que xa comenzamos. Ó marxe dos habituais mensaxes de felicidade e paz, José Antonio Ucha  pediu para este novo ano "que se poida edificar todo o Polígono Industrial", porque suporían unha excelente fonte de ingresos para o concello. "Porque de momento no heredei máis que débedas", afirmou Ucha apuntando as presuntas "contas pendentes" deixadas polo goberno de José Toja Parajó.  

Ucha desvelou a existencia dunha débeda de 18.000 euros polos servizos da Festa dos Maiores, e asegurou que se pagará gracias a súa xestión, xa que o executivo de Toja(PP), que ordenou o gasto, nin tan sequera contabilizou a factura. Tamén lembrou a grande cantidade que se deberá abonar a empresa Fernández Gerpe, e que foi medrando logo do tempo transcorrido. O alcalde xalleiro pediu o apoio  de tódalas forzas políticas para sacar adiante proxectos para Santa Comba, xa que a pesares dos enfrontamentos políticos e "de que poido ser doutro xeito, o final eu son o alcalde e deben de apoiarme". Se queres máis información sobre a política de Santa Comba e os orzamentos visita a sección CONFIDENCIAL.

NOTA DA REDACCIÓN: Por un erro de transcripción das declaracións do alcalde a Punto Radio, en vez de dicir "vender tódalas parcelas" debería dicir que  se "poida edificar todo o Polígono Industrial". Procedemos a oportuna corrección.